Coraxe: poemas audaces para rapazas afoutas - Various Authors

Coraxe: poemas audaces para rapazas afoutas

By Various Authors

  • Release Date: 2020-10-26
  • Genre: Poetry

Description

O mundo que habitarán e contribuirán a crear as adolescentes non podemos controlalo. Mais se puidésemos darlles un amuleto para que o levasen no peto, ese amuleto sería a coraxe. E por iso, no canto dunha espada –ou dunha estrada de ladrillos amarelos–, dámoslles un libro. Esta escolma de poemas saídos da mente e do corazón dalgunhas das poetas máis potentes e representativas do panorama actual pretende ser unha despensa sen fondo da que nenas, rapazas e mulleres extraian a ración exacta de coraxe que a vida lles pida a cada momento.